Cómo-gestionar-los-clientes-de-tu-negocio

Que é a nube e por que é importante para o teu negocio?

Hoxe falaremos sobre a importancia de gardar a información do teu negocio na nube, aínda que empezarei explicándoche que é iso da nube.

É posible que escoitaras algunha vez cousas como “garda isto na nube”, “isto subímoso á nube”, “non gardes ese arquivo localmente” ou similar. Se cada vez que alguén di unha frase deste tipo pensas no tempo, este é o teu podcast. Fica e verás como acabas sendo máis experto ou experta en nubes que Brasero.

Que son os servizos na nube?

Para entender qué son os servizos ou computación na nube, pídoche que te imaxines que tes unha caixa forte onde gardas todas as túas cousas importantes. Neste caso, cada vez que precisas algo, tes que ir ata a caixa forte e só podes acceder ás túas cousas desde ese lugar.

Pois ben, a computación na nube é unha caixa forte virtual que está en internet. En lugar de ter as túas cousas gardadas nun lugar físico, gardasas nun lugar específico de internet.

Cos servizos na nube podes almacenar e acceder aos teus arquivos, como documentos, fotos ou vídeos, desde calquera lugar e en calquera momento, sempre e cando teñas acceso a internet. Non necesitas levar contigo nada físico como o teu ordenador, un disco duro ou unha memoria USB, só necesitas unha conexión a internet e o mellor é que podes ver, editar ou compartir os teus arquivos desde calquera dispositivo, xa sexa un teléfono ou unha tableta.

Para que o vexamos claro del todo, imaxina que nunha empresa hai unha persoa que garda todo o seu traballo no seu ordenador, na parte de documentos, e outra que o garda na nube a través do seu ordenador. Unha mañá chegan á oficina e decátanse de que entraron a roubar e levaron todos os ordenadores e a cafeteira de cápsulas.

A persoa que tiña todo gardado no seu ordenador perdeu toda a súa información e traballo, ademais, se conseguen acceder ao ordenador poderán ter esa información. Pola contra, a persoa que gardara as cousas na nube só perdeu o café do almorzo, pode coller outro ordenador, acceder ao seu traballo e documentos, ademais pode quitar o acceso á información do seu antigo ordenador e os datos da empresa quedan protexidos.

As vantaxes de usar a nube como almacenamento non só son ter acceso aos teus arquivos e programas desde calquera lugar e dispositivo, senón que tamén che axuda a compartir e colaborar con outras persoas de maneira máis doada, xa que poden acceder aos mesmos arquivos e traballar xuntos en liña. Sen ter que crear 20 copias ou versións dun mesmo documento.

As vantaxes de almacenar os datos do noso comercio na nube

  • Almacenamento e acceso a datos da túa peme: A nube permite ás empresas almacenar e facer copias de seguridade dos datos de forma segura en servidores remotos, o que nos pode aforrar moito diñeiro en infraestrutura e riscos asociados ao almacenamento local. Ademais, os datos poden accederse facilmente desde calquera localización e dispositivo con conexión a internet, o que facilita a colaboración e a mobilidade do persoal.
  • Escalabilidade e flexibilidade para o teu negocio local: A nube ofrece unha escalabilidade case illimitada, as empresas poden axustar rapidamente os seus recursos informáticos segundo a súa situación.
  • Gardar os datos do teu negocio local na nube é a opción máis económica: só pagas os servizos que necesitas, non é necesario sobredimensionar para ser previsor/a, podes comparar prezos de varios provedores e evitas ter que facerte cargo do mantemento.
  • Garante a continuidade do teu negocio e a seguridade da información: A nube proporciona mecanismos para facer copias de seguridade e recuperar datos de forma máis fiable que os sistemas locais tradicionais. No caso de desastres naturais, fallos de hardware ou erros humanos, os datos almacenados na nube están protexidos e poden recuperarse de forma máis sinxela. Ademais, os provedores de servizos na nube adoitan contar con medidas de seguridade avanzadas, como cifrado de datos, autenticación e control de acceso, o que axuda a protexer a información empresarial.

Como gardar a información da túa peme na nube

Imos ver cales son os pasos básicos para almacenar a información da túa peme na nube, incluso se non tes experiencia previa:

O primeiro é que escollas un provedor de servizos na nube para o teu negocio local: Hai varias opcións populares, como Google Drive, Microsoft OneDrive ou Dropbox. Eu vou falar de Google Drive, que é fácil de usar, por centrarme nun concreto, pero todos funcionan de forma moi semellante. Se tes unha conta de correo electrónico de Gmail ou Outlook, o mellor é que escollas os servizos de almacenamento da mesma empresa.

No caso de Google, coa túa conta de Gmail podes acceder a Google Drive. Tes que entrar en Internet, co navegador de Google, e na esquina superior dereita facer clic no símbolo con 9 puntos, entre as opcións que se despregan verás o símbolo dun triángulo de cores e o nome Drive.

Unha vez dentro, podes engadir a información que queiras e ordenala do mesmo xeito que fas no teu ordenador, tamén podes arrastrar os documentos ou carpetas que tes gardados neste.

Ademais, ao facer clic no botón “Novo” podes engadir arquivos, carpetas ou crear documentos, follas de cálculo, presentacións…

Deixo unha guía para comezar a usar Drive.

É importante que aprendas a compartir arquivos do teu negocio con outras persoas. Para iso, selecciona os arquivos e fai clic co botón dereito do rato. A continuación, escolle “Compartir” e engade as direccións de correo electrónico das persoas coas que desexes compartir os arquivos. Tamén podes copiar o enlace e compartilo. Ten en conta a quen lle estás enviando os arquivos e elixe o tipo de acceso que lles das ao documento. Podes outorgar acceso só para ler, comentar ou incluso editar.

O máis común é compartir os arquivos coas persoas do teu equipo para que podan editarllos e traballar todos no mesmo documento.

Por se aínda queda algunha dúbida sobre por que é mellor compartir o arquivo desde o teu almacenamento na nube en lugar de envialo nun correo, explícocho.

Cando envías un correo, estás enviando unha versión concreta dun documento. Se despois de envialo segues traballando nel ou facendo cambios, a persoa á que llo enviaches non verá esas actualizacións e terás que envialo de novo. Todos sabemos que iso pode levar a confusións entre arquivos antigos e actualizados. Porén, se o compartes a través da nube, podes seguir traballando no documento unha vez enviado e cada vez que a outra persoa acceda, verá todo o que engadiches. Así temos a versión básica para almacenar a información da túa peme na nube. Conforme o teu negocio medre ou se vaia dixitalizando procesos, é probable que necesites máis espazo ou servizos avanzados na nube, pero non te preocupes porque estas empresas ofrecen todo tipo de servizos.